A eficiencia enerxética premiarase con rebaixas no IBI

A eficiencia enerxética premiarase con rebaixas no IBI

Rebaixas progresivas segundo a calificación enerxética do inmoble

A partires do 1 de xaneiro de 2016 os concellos poderán rebaixar o Impuesto de Bens Inmobles ata un 20% a aqueles edificios que posúan unha calificación de eficiencia enerxética tipo A.

Co obxectivo de incentivar a eficiencia enerxética, a bonificación irá disminuindo segundo baixa a calificación enerxética do inmoble. Deste xeito quedaría un cadro de rebaixas máximas como o seguinte:

  • Calificación enerxética A – ata un 20%
  • Calificación enerxética B – ata un 16%
  • Calificación enerxética C – ata un 12%
  • Calificación enerxética D – ata un 8%
  • Calificación enerxética E – ata un 4%
  • Calificación enerxética F e G – sen rebaixa

Deste xeito iguálase a eficiencia enerxética ao aproveitamento da enerxía solar como factores que poden empregar os concellos para rebaixar o IBI. Queda por desenvolver o procedemento para acceder a estes descontos por parte dos particulares, que esperemos se materialice nas vindeiras datas.

Fonte: Hacienda ofrecerá rebajas en el IBI para las casas que ahorren energía

Actualización:

Seica ao final, as rebaixas no IBI non se incorporaron á redación final dos orzamentos aprobados, o que significa que non serán de aplicación polos concellos. Unha mala nova, que esperemos se corrixa dalgún xeito.

Fonte: Denuncian que la rebaja del IBI a casas más eficientes queda ‘en agua de borrajas’