Plan Renove de ascensores

Plan Renove de ascensores

Subvencións para a renovación total ou parcial de ascensores existentes en comunidades.

A Xunta de Galicia, co obxecto de mellorar as instalacións de ascensores dos edificios de vivenda colectiva e a súa eficiencia enerxética, convoca axudas para a renovación total ou parcial de ascensores existentes en vivendas en réxime de propiedade horizontal na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 20 de xaneiro e remata o 20 de abril de 2016, ambos os dous incluidos, ou ata esgotar o crédito orzamentario.

Poderán ser beneficiarios da subvención as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2º e 5º da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal. Ademáis da documentación administrativa sobre a titularidade do inmoble e a identidade da comunidade de propietarios será necesario presentar unha memoria co contido mínimo seguinte:

  • Inmoble: número de vivendas, número de andares servidos polo ascensor (paradas) e número de ascensores que traballan en paralelo, incluído o propio ascensor renovado.
  • Descrición detallada das actuacións a realizar.
  • Características do ascensor existente e do posterior, logo da súa renovación.
  • Cálculos que xustifiquen a redución do consumo enerxético ou xustificación do incremento na seguridade.
  • Orzamento desglosado por ascensor.

A contía das axudas será dun 50% do investimento por ascensor, cun límite de 10.000 euros por ascensor e 20.000 euros por comunidade.

Máis información: DOG nº 249, xoves 31 de decembro de 2015