Axudas para a renovación de fiestras

Axudas para a renovación de fiestras

A Xunta de Galicia convoca axudas para a renovación de fiestras, tanto para vivendas unifamiliares como para edificios de vivienda en réxime de propiedade horizontal.

Son subvencionables:

  • A renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras, de igual ou inferior tamaño, que cumpran coas especificacións establecidas nesta Orde.
  • Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), así como a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior e que teñan marco por todo o perímetro.

Son gastos subvencionables:

Son gastos subvencionables o custo da retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura, así como o IVE para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, cando corresponda.

Non son subvencionables:

  • Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros).
  • Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
  • As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas.
  • Os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas deste Plan.

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e as comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actividade se realice en Galicia.

Estas axudas son compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, sen que en ningún caso o importe da subvención supere o 100% do investimento subvencionable.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.

A subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Máis información: ORDEN de 10 de junio de 2015 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones, en régimen de concurrencia no competitiva, relativa al Plan renove de ventanas, así como la selección de entidades colaboradoras que participarán en su gestión, y se procede a su convocatoria (códigos de procedimiento IN412A-IN412B).