Axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica

Axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica

A Xunta de Galicia convoca axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica, que cubren os seguintes tipos de actuación:

  • cubertas existentes en edificios de vivenda colectiva

  • cubertas existentes en vivendas

  • cubertas existentes en edificacións anexas a ambos

Non se subvencionan as renovacións parciais de cuberta.

Os tipos de cubertas subvencionables son as cubertas de tella cerámica.

Para acadar a subvención a intervención debe estar situada no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumprir as esixencias do Código Técnico da Edificación, Documento Básico Protección contra a Humidade DB HE-1

Son gastos subvencionables:

  • Custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica.

  • Custo de desmontase das cubertas existentes.

  • Custo das montaxes das novas cubertas de tella cerámica.

  • Custo das dos proxectos de arquitectura ou enseñería.

  • Custo de licenzas.

  • O imposto IVE, cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

Poden ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e as súas edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía das axudas ten un importe máximo de 55 euros por metro cadrado de cuberta cun límite do 40% dos gastos subvencionables.

As solicitudes poden presentarse dende o 20 de xaneiro ata o 20 de abril de 2016.

Máis información:  ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN423B).