Axudas para a rehabilitación de fachadas con granito

Axudas para a rehabilitación de fachadas con granito

A Xunta de Galicia convoca axudas para a rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se subvenciona a rehabilitación parcial de fachadas. As actuacións deben atoparse dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumplir e mellorar as esixencias mínimas que establece o Código Técnico (CTE DB HE-1) e a norma UNE 22203.

Os tipos de fachada subvencionables son:

  • fachadas pegadas de granito
  • fachadas transventiladas de granito
  • fachadas de perpiaño

Son gastos subvencionables:

  • Custo das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións.
  • Custo de licenzas
  • Custo de desmontaxe do material de fachada ou envolvente existente
  • Custo dos materiais: granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e material illante
  • Custo de man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para o montaxe
  • O imposto IVE, cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

Poden ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

O custo subvencionable máximo será de:

  • 110 euros/m2 no caso de fachadas pegadas de granito
  • 140 euros/m2 no caso de fachadas trasventiladas de granito
  • 130 euros/m2 no caso de fachadas de perpiaño de granito

A contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada e de 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

As solicitudes poden presentarse dende o 20 de xaneiro ata o 20 de abril de 2016.

Máis información: ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN316A).