Axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa

Axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa

A Xunta de Galicia convoca axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, en edificios situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que se cumplan ou melloren as condicións recollidas no Código Técnico da Edificación, Aforro de Enerxía, parte 1, CTE DB HE-1.

As actuacións subvencionables son:

  • renovación de fachadas e cubertas existentes en edificios de vivenda colectiva
  • fachadas e cubertas existentes en vivendas
  • fachadas e cubertas existentes en edificacións anexas a ambos

Non se subvencionarán as renovacións parciais da fachada ou da cuberta.

Son gastos subvencionables:

  • Custos de materiais das novas fachadas e cubertas de lousa, a lousa pertencerá, na súa calidade comercial, á primeira selección.
  • Custo das montaxes das novas cubertas de lousa.
  • Custo das memorias básicas, informes técnicos, certificados técnicos, proxectos.
  • Custo de licenzas.
  • O imposto IVE, cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

Poden ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e as súas edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

O custo subvencionable máximo será de 70 €/m2 de fachada e cuberta, cun máximo do 40% dos custos totais subvencionables.

As solicitudes poden presentarse dende o 20 de xaneiro ata o 20 de abril de 2016.

Máis información:  ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN314A).