A Xunta de Galicia impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos fogares

A Xunta de Galicia impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos fogares

A Xunta de Galicia, no eido da mellora da eficiencia enerxética das vivendas, convoca axudas para diferentes actuacións de renovación que impliquen tamén mellora da envolvente enerxética, que xa temos comentado neste espazo. Así convócanse axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousaaxudas para a rehabilitación de fachadas con granitoaxudas para a renovación de cubertas de tella cerámicaaxudas para a renovación de fiestras e axudas para a renovación de ascensores, onde os beneficiarios poden ser tanto propietarios individuais como comunidades de propietarios.

Estas axudas compleméntanse con iniciativas como promover a instalación de equipamentos de xeotermia, solar térmica e aerotermia, con axudas que poden acadar a metade do custo das instalacións. Neste sentido, renóvase a aposta pola implantación de equipamentos que, como é o caso da xeotermia, xeran aforros económicos de ata o 70%.  Do mesmo xeito, o Plan de Vivenda Eficiente destina 3 millóns de euros á implantación de caldeiras de biomasa no rural galego. Unha partida orzamentaria coa que se implantarán arredor de 1.000 equipos no marco da Estratexia integral de impulso da biomasa en Galicia. Os apoios para a implantación destes equipos ascende ata o 50% do custo do proxecto.

O obxectivo final é reducir o gasto que as familias empregan en quentar os seus fogares nun 50%. Dende a nosa experiencia na administración de fincas non dudamos en recomendarvos estudar a posible actuación tanto nas envolventes dos edificios como nas súas instalacións, pois os aforros compensan a inversión nun prazo extraordinariamente curto.