Obriga de instalación de contadores individuáis en instalacións de calefacción central

Obriga de instalación de contadores individuáis en instalacións de calefacción central

As comunidades de propietarios de edificios de vivenda colectiva que teñan instalación de calefacción central deberán dispoñer de equipos de medición que permitan discriminar os consumos individuáis de cada vivenda. Así o recolle a Real Decreto-lei 8/2014 de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, fixando como data máxima de adaptación das instalacións existentes o 1 de xaneiro de 2017. Establécese un réxime sancionador que tipifica como infracción grave a non instalación de medidores individuáis, con multas que van dende 1.001 a 10.000 euros.

Existen varias solucións técnicas para resolver a medición de consumos individuáis de calefacción en vivenda:

  1. Se a instalación de cada vivenda aliméntase a través de un único montante vertical, pódese instalar un contador individual na entrada de cada vivenda. Esta é a solución máis sinxela.
  2. Se cada estancia aliméntase dun montante individual (a instalación máis común en sistemas centralizados antigos), pódese instalar un contador individualizado en cada radiador, chamados repartidores de custos, que funciona por diferencia de temperaturas entre o aire da estancia e a superficie do radiador. Un sistema de medición por radiofrecuencia contabiliza o total de calorías acumuladas no período de consumo especificado, sen necesidade de entrar nas vivendas.
  3. Reformar a instalación de calefacción, posibilidade que pode resultar atractiva para comunidades de veciños que queiran aforrar custos de calefacción, atendendo ás axudas vixentes, tanto do IDAE como da Xunta de Galicia para a mellora da eficiencia enerxética das vivendas.

No caso de colocación de repartidores de custos, a decisión da comunidade é por decisión da Xunta de Veciños por maioría simple. Se algún veciño se negase á realización da instalación dos repartidores de custo, ademáis da multa administrativa pola infracción grave, a súa factura de calefacción será a equivalente á da vivenda de maior consumo.