Programa REFORMA 16 do IGAPE para a reforma de cociñas e baños

Programa REFORMA 16 do IGAPE para a reforma de cociñas e baños

O IGAPE convoca novamente o programa REFORMA 16, que permite subvencionar os materiais e mobiliario das obras de reforma de cociñas e baños.

O programa consisten en axudas directas do IGAPE para mercar os materiais e/ou mobiliario de reforma, así como nunha rebaixa do prezo equivalente por parte das entidades colaboradoras. As axudas solicitaranse directamente nun establecemento adherido, que debe formalizar o seu compromiso de colaboración previamente, e a lista dos cales publicarase o día 14 de xullo na seguinte ligazón: Lista de establecementos colaboradores.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e a compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos), só unha persoa por domicilio, que debe ser inquilino ou propietario en Galicia..

Son subvencionables materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, …) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño. Non son subvencionables a man de obra, os electrodomésticos, as ventás e os seus marcos, portas de paso e os seus marcos, estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou semellantes, e radiadores de calquera tipo, cortinas ou estores.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos. Adicionalmente a empresa colaboradora deberá realizar un desconto do mesmo importe.

O prazo para solicitar as axudas comeza a finais de xullo, pendente de determinar a data concreta.

Más información na seguinte ligazón: PROGRAMA 16