Author Archives: rogeliocarballo

Plan renove de fiestras 2017

Plan renove de fiestras 2017

A Xunta de Galicia convoca novas axudas destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, tanto para vivendas unifamiliares como para edificios de vivienda en réxime de propiedade horizontal.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Son subvencionables:

A renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestra sque cumpran coas seguintes especificacións técnicas:
a) Dispor de marcación CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006+A1:2011.
b) Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:
1ª. Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
A.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
A.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
2ª. Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
En todo caso, a instalación destas carpinterías deberá cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orde FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o Documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.

Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estadías calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

Non son gastos subvencionables:

  • Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros).
  • Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
  • As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas.
  • Os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas deste Plan.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e as comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actividade se realice en Galicia.

Estas axudas son compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, sen que en ningún caso o importe da subvención supere o 100% do investimento subvencionable.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende o 1 de marzo para os propietarios de vivendas ou comunidades de propietarios.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.

A subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Máis información: ORDE do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos do procedemento IN412A e IN412B).

Programa REFORMA 16 do IGAPE para a reforma de cociñas e baños

Programa REFORMA 16 do IGAPE para a reforma de cociñas e baños

O IGAPE convoca novamente o programa REFORMA 16, que permite subvencionar os materiais e mobiliario das obras de reforma de cociñas e baños. O programa consisten en axudas directas do IGAPE para mercar os materiais e/ou mobiliario de reforma, así como nunha rebaixa do prezo equivalente por parte das entidades colaboradoras. As axudas solicitaranse directamente… Continue Reading

Inspeccións periódicas obrigadas en instalacións de baixa tensión

Inspeccións periódicas obrigadas en instalacións de baixa tensión

O regulamento electrotécnico de baixa tensión RD 842/2002 prescribe respecto das instalcións existentes que a súa seguridade deberá ser comprobada por un organismo de control autorizado, segundo o que determine a correspondente instrucción técnica nestes apartados: As instalacións e modificacións, reparacións ou ampliacións de instalacións que deberán ser obxecto de inspección inicial, antes da súa posta en… Continue Reading

Obriga de instalación de contadores individuáis en instalacións de calefacción central

Obriga de instalación de contadores individuáis en instalacións de calefacción central

As comunidades de propietarios de edificios de vivenda colectiva que teñan instalación de calefacción central deberán dispoñer de equipos de medición que permitan discriminar os consumos individuáis de cada vivenda. Así o recolle a Real Decreto-lei 8/2014 de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, fixando como data máxima de adaptación… Continue Reading

A Xunta de Galicia impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos fogares

A Xunta de Galicia impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos fogares

A Xunta de Galicia, no eido da mellora da eficiencia enerxética das vivendas, convoca axudas para diferentes actuacións de renovación que impliquen tamén mellora da envolvente enerxética, que xa temos comentado neste espazo. Así convócanse axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, axudas para a rehabilitación de fachadas con granito, axudas para a renovación de cubertas… Continue Reading

Edificios que deben pasar o Informe de Avaliación no 2016 en Pontevedra

Edificios que deben pasar o Informe de Avaliación no 2016 en Pontevedra

A vixente ordenanza de Informe de Avaliación de Edificios do Concello de Pontevedra, publicada no BOP nº 66 de 9 de abril de 2015, establece a obriga de facer Informe de Avaliación “ás edificacións sitas no termo municipal de Pontevedra, calquera que sexa a clasificación e cualificación do solo no que estean situadas e con independencia do seu… Continue Reading

Axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa

Axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa

A Xunta de Galicia convoca axudas para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, en edificios situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que se cumplan ou melloren as condicións recollidas no Código Técnico da Edificación, Aforro de Enerxía, parte 1, CTE DB HE-1. As actuacións subvencionables son: renovación de fachadas e cubertas existentes… Continue Reading

Axudas para a rehabilitación de fachadas con granito

Axudas para a rehabilitación de fachadas con granito

A Xunta de Galicia convoca axudas para a rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se subvenciona a rehabilitación parcial de fachadas. As actuacións deben atoparse dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumplir e mellorar as esixencias mínimas que establece o Código Técnico (CTE DB HE-1)… Continue Reading

Axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica

Axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica

A Xunta de Galicia convoca axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica, que cubren os seguintes tipos de actuación: cubertas existentes en edificios de vivenda colectiva cubertas existentes en vivendas cubertas existentes en edificacións anexas a ambos Non se subvencionan as renovacións parciais de cuberta. Os tipos de cubertas subvencionables son as cubertas… Continue Reading

Axudas para a renovación de fiestras

Axudas para a renovación de fiestras

A Xunta de Galicia convoca axudas para a renovación de fiestras, tanto para vivendas unifamiliares como para edificios de vivienda en réxime de propiedade horizontal. Son subvencionables: A renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras, de igual ou inferior tamaño, que cumpran coas especificacións establecidas nesta… Continue Reading