Category Archives: Normativa

Inspeccións periódicas obrigadas en instalacións de baixa tensión

Inspeccións periódicas obrigadas en instalacións de baixa tensión

O regulamento electrotécnico de baixa tensión RD 842/2002 prescribe respecto das instalcións existentes que a súa seguridade deberá ser comprobada por un organismo de control autorizado, segundo o que determine a correspondente instrucción técnica nestes apartados:

  1. As instalacións e modificacións, reparacións ou ampliacións de instalacións que deberán ser obxecto de inspección inicial, antes da súa posta en servizo.
  2. As instalacións que deberán ser obxecto de inspeccións periódicas.
  3. Os criterios para a valoración das inspeccións, así como as medidas que deberán adoptarse como resultado das mesmas.
  4. Os prazos para as inspeccións periódicas.

Neste sentido, a Instrución Técnica Complementaria ITC-BT-05 Verificacións e Inspeccións, determina:

Inspeccións.

As inspeccións poden ser iniciais e periódicas.

Serán obxecto de inspeccións iniciais a execución, ampliación ou modificación das seguintes instalacións:

  1. Instalacións industriais que requiran proxecto, cunha potencia instalada superior a 100 kW.
  2. Locais de pública concurrencia.
  3. Locais con risco de incendio ou explosión, de clase I, excepto garaxes de menos de 25 prazas.
  4. Locais mollados con potencia instalada superior a 25 kW.
  5. Piscinas con potencia instalada superior a 10 kW.
  6. Quirófanos e salas de intervención.
  7. Instalacións de alumeado exterior con potencia instalada superior a 5 kW.

Serán obxecto de inspeccións periódicas, cada 5 anos, todas as instalacións eléctricas en baixa tensión que precisaron inspección inicial (as sinaladas anteriormente), e cada 10 anos, as comúns dos edificios de vivenda cunha potencia total instalada superior a 100 kW. Neste punto compre sinalar que por potencia total nos edificios de vivenda enténdese a potencia conxunta das vivendas e zonas comúns, aínda que a inspección exércese exclusivamente sobre a instalación das zonas comúns.

Polo tanto, as comunidades de propietarios de edificios de viviendas cunha instalación eléctrica conxunta superior a 100 kW teñen obriga de facer inspeccións periódicas da instalación eléctrica das partes comúns cada 10 anos. O incumprimento desta obriga comporta a lóxica responsabilidade civil e penal para o titular da instalación, neste caso a comunidade de propietarios, sendo unha infracción grave segundo o artigo 31.h da lei 21/1992, de 16 de xullo, de industria, con sancións entre 3.001 € e 90.000 € (500.0001 e 15.000.000 de pesetas). Tamén comporta a exclusión das coberturas dos seguros de responsabilidade civil suscritos polas comunidades de propietarios.

Obriga de instalación de contadores individuáis en instalacións de calefacción central

Obriga de instalación de contadores individuáis en instalacións de calefacción central

As comunidades de propietarios de edificios de vivenda colectiva que teñan instalación de calefacción central deberán dispoñer de equipos de medición que permitan discriminar os consumos individuáis de cada vivenda. Así o recolle a Real Decreto-lei 8/2014 de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, fixando como data máxima de adaptación… Continue Reading

Edificios que deben pasar o Informe de Avaliación no 2016 en Pontevedra

Edificios que deben pasar o Informe de Avaliación no 2016 en Pontevedra

A vixente ordenanza de Informe de Avaliación de Edificios do Concello de Pontevedra, publicada no BOP nº 66 de 9 de abril de 2015, establece a obriga de facer Informe de Avaliación “ás edificacións sitas no termo municipal de Pontevedra, calquera que sexa a clasificación e cualificación do solo no que estean situadas e con independencia do seu… Continue Reading