O que non facemos
4047941053_41456933b8_b

Abarcar moito e apertar pouco

Non queremos encher o peto cunha morea de comunidades que non poidamos atender. Preferimos centrarnos e facer un bo traballo, que saibas que estamos aí, atentos ao que necesitas, antes que ter centos de comunidades e non saír da oficina. Se queres un xestor ao que non vexas máis que o día da asemblea, non nos chames.

207654762_6f214d8c9e_b

Poñer a careta de soldar

Se queres un xestor da túa comunidade que mire cara a outro lado, que non se entere de como se fan as obras e as reparacións, que non mire o que fai falta facer no teu edificio, que non moleste con preguntas e suxestións, nós non somos os axeitados para ti. Busca nas páxinas amarelas por administrador de fincas. Hai centos.

Falar con papas na boca

Os contacontos e falabaratos son xente moi honrada, que ten un traballo que xa dura séculos e forma parte da nosa cultura. Inventan historias cando non saben, venden trapallada a prezo de ouro e enredan os incautos. A nós non nos ensinaron a facelo, así que nos conformamos con falar moi clariño e aprender canto podemos.

telenovela-pasion-de-gavilanes-completa-en-45-dvds-excelente-1803-MLV2588849061_042012-F

Ver telenovelas

Se queres intrigas, leas, aventuras, incertezas baratas, imos decepcionarte. Nós trataremos de que todo sexa claro, que poidas ter toda a información, que non haxa sobresaltos nin confusións, que non teñas que tomar anxiolíticos. Pénsao ben antes de decidirte.

Solitaire

Facer trampas ao solitario

Para nós o máis importante despois de ti é o noso prestixio. Non pensamos a curto prazo, non queremos morrer podres de cartos, non te vemos coma unha galiña que pon ovos de ouro. Se queres que te traten como unha vaca leiteira, sentímolo, nós non temos ordeñadora.