Que facemos

7149159665_7f6658bcd9_o

Poñer os teus intereses por diante

Ti es o primeiro. Nin a compañía de seguros, nin o cerralleiro, nin o carpinteiro, nin o que limpa os portais, nin nós. Todos traballamos para ti, porque estás por diante de todos nós.

Axudarche a manter a túa propiedade.

Non nos quedamos sentados na oficina para pasar a cota da comunidade. Visitamos o teu edificio, anotamos as cousas que están mal, vixiamos as reparacións, controlamos as obras, facemos números para que aforres o máximo agora e no futuro.

7408506410_fbd7bc0fcd_k

Darche ideas para aforrar gastos

Pensamos en ti para que, nestes duros tempos, aforres a curto e longo prazo. Estudamos a eficiencia enerxética do teu edificio, buscamos alternativas, decímosche en canto tempo terás aforrado os cartos que gastas, e vemos se te podes acoller a algunha subvención.

4765398926_50455bc8aa_o

Ser transparentes

Podes entrar na túa área privada e acceder a todas as contas e documentos que necesitas para estar ao tanto da xestión da túa propiedade. Facturas, orzamentos de obras, convocatorias de xuntas e as súas actas, pólizas de seguros, informes. Tamén os nosos gastos. Non escondemos nada.

2687444500_fc232e949d_o

Escoitar e aconsellarvos

Na túa propiedade mandas ti. Por iso nós escoitamos e damos consellos, pero ti tomas as decisións. E en caso de conflito temos a capacidade de mediar, porque vimos do mundo da arquitectura e sabemos os códigos de construción e as normas urbanísticas.