Os nosos servizos

Administración:

  • Xestión de xuntas: convocatorias, actas, informes previos.
  • Custodia de documentación relativa á comunidade: libro da comunidade, orzamentos, facturas, libro do edificio, plan de mantemento, pólizas de seguros.
  • Elaboración de documentación previa ás xuntas xerais.
  • Altas e baixas de comuneiros.

Asesoramento e mediación:

  • Realización de informes técnicos e urbanísticos.
  • Seguimento e control de reparacións e obras.
  • Avaliación e control das unidades de obra propostas ou contratadas.
  • Visitas continuadas á comunidade e informes de cada visita.
  • Propostas de actuacións para aforrar custos: reformas de instalacións de iluminación, melloras ou reformas de instalacións de calefacción e AQS.
  • Mediación en conflitos entre propietarios.

Contabilidade:

  • Elaboracións de orzamento anual e estados de contas, balanzas contables, auditorías contables.
  • Contabilidade continua da comunidade, xestión de contas, emisión de recibos.
  • Confección do reparto de cotas.
  • Reclamación de impagos e cobro de debedores.
  • Procura de orzamentos para servizos, reparacións e obras.

Espazo web propio:

  • Consulta de actas, convocatorias, libro do edificio, plan de mantemento, pólizas de seguros e de calquera documento da comunidade.
  • Arquivo de informes.
  • Exposición de orzamentos solicitados para obras ou servizos.
  • Taboleiro de anuncios da comunidade.
  • Comunicación de incidencias.
  • Informes de visitas de inspección.